17.9.10

Apresentação e debate do livro «Non conciliados. Argumentos para a resistência cultural», editado pelo Cineclube de Compostela


Apresentação e debate sobre o livro « Non conciliados. Argumentos para a resistência cultural» recentemente editado pelo cineclube de Compostela.

Local: C.S.O. Casa das Atochas, Rua da Atocha Alta, 14 - Corunha (Galiza)
DATA: sábado 18 de setembro
HORA: 21.00 horas

Presentación do libro colectivo NON CONCILIADOS [Cineclube Compostela, 2010]. Nesta ocasión interveñen, por suposto coa intención de que haxa un debate sobre varias cuestións, Aurelio Castro, o cineasta experimental Alberte Pagán, José Manuel Sande e o grupo Urro. Haberá proxección de Pagán e música de Urro.

Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural é unha caixa de ferramentas que contén vinte e tres achegas textuais contra a superestrutura ideolóxica do modo de produción dominante, a cultura do espectáculo e a propiedade intelectual privatizada. Neste artefacto de urxencia (…) non funciona a lóxica totalizadora do mercado e si a procura de liñas de fuga, de tentativas de sedición. Prescríbese, amais, unha cartografía dos movementos rebeldes e a identificación de lugares de conflito.


En Non conciliados, cada documento de cultura é tratado ao tempo como documento de barbarie. Con textos de Alberte Pagán, Alberto Lema, Aurelio Castro Varela, Belén Gopegui, CSO Casa das Atochas, Cristina García Parga, Cristina Martínez, David Rodríguez Rodríguez, Gonzalo Pallares, Iria Sobrino Freire, Isaac Lourido, Isaac Marrero Guillamón, José Manuel Sande, Lara Rozados Lorenzo, Daniel Salgado, María do Cebreiro, Mario Regueira, Marcos Pérez Pena, Miguel Prado, Ramiro Ledo Cordeiro, Samuel Solleiro, Urro, Xesús González Gómez e Xiana Arias.

Sobre Alberte Pagán, O Carballiño, 1965.
Escreve sobre cine e fai películas, entre outras cousas. É autor de Introdución aos clásicos do cinema experimental, Imaxes do soño en liberdade: o cinema de Eugenio Granell, do capítulo dedicado ao cinema underground estadounidense no livro editado polo Festival de cine de Xixón Dentro y fuera de Hollywood, assi como do ensaio Residuos experimentales en Arrebato aparecido no livro Arrebato… 25 años editado pola filmoteca valenciana.
Realizou as películas Como foi o conto, Os waslala e Bs. As., esta última seleccionada para a secçom “Llendes” do 44ª edição Festival de cine de Xixón e para o festival Punto de Vista de Pamplona.
Tamém é autor de A voz do trevón. Unha aproximación a Finnegans Wake, ensaio sobre a derradeira novela de James Joyce.
Entrevista:
http://www.vieiros.com/nova/70770/ficar-fora-da-industria-dame-unha-independencia-total-como-cineasta

Máis información:
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/non-conciliados/
http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/2007/02/02/bs-as-alberte-pagan-no-cineclube/